luns, 6 de abril de 2015

Desenhando. Logotipo IberoCars

IberoCars é unha empresa que acaba de nacer e cuxa dedicación principal é a compra e venda de coches de segunda man a baixo custe e de calidade. 

IberoCars aposta por un prezo xusto ao tempo que busca no mercado aqueles vehículos que están nas mellores condicións. Trátase de ofrecer autos nas mellores condicións para tempos de crise. 

Por parte do seu impulsor encargóusenos a creación do seu logotipo onde debía primar certa modernidade para tratar de chegar a un posíbel cliente mozo ou co carné acabado de quitar, cun poder económico xusto, mais con ansias de incorporarse á estrada.








sábado, 4 de abril de 2015

Desenhando. Un mosquito de nome Henri

Novamente tiven a honra de poder colaborar coa Aula de Teatro de Pais e Nais do colexio Miraflores, do Pereiro de Aguiar en Ourense, facendo o deseño do cartaz para a obra que representan. 

Nesta ocasión, esta compañía "amateur" formada por familiares do alumnado do centro escolar poñen en escena unha simpática obra teatral titulada "Un mosquito de nome Henri", do escritor Raúl Dans.

O texto da obra foi galardoado co X Premio Barriga Verde (modalidade infantil), e foi editado en coedición coa AGADIC. 

Esta é a sinopse da obra que figura no libro, que por certo, está publicado en Baía Edicións: 

Un mosquito de nome Henri é unha historia de superación e de aprendizaxe na que o mosquito Henri, en compaña da súa inseparable amiga Olivia, levantará o voo nunha aventura chea de piruetas e picados mortais rumbo ao seu destino: ser un heroe. Henri quere ser piloto de aviación, mais ten un pequeno problema: é miope. Un mosquito de nome Henri é unha historia de superación e de aprendizaxe na que o mosquito Henri, en compaña da súa inseparable amiga Olivia, levantará o voo nunha aventura chea de piruetas e picados mortais rumbo ao seu destino: ser un heroe. E para iso vaise ter que enfrontar á malvada avespa Roque. Unha libélula cantante de jazz, unha araña pianista, un moscón excampión dos pesos pesados… E moitos personaxes máis nunha historia para que os cativos leven os seus pais ao teatro e xuntos gocen cun relato de iniciación aos desafíos que a vida nos reserva a todos nós. Mesmo se es un mosquito.