venres, 5 de xuño de 2015

Fotografando 15. Na Capela, no III ETNOeume - Feira Etnográfica da Comarca do Eume

As fotos correspóndense co domingo 24 de agosto do pasado ano, no decorrer da 3ª edición do ETNOeume, a Feira Etnográfica da Comarca do Eume. 

Neste fermoso lugar da parroquia de Santiago da Capela, pertencente ao Concello da Capela, nunha contorna verdadeiramente privilexiada, atópase a súa Igrexa Parroquial e, ao seu carón, un museo etnográfico impresionante, tanto pola beleza exterior do conxunto como pola cantidade e calidade das pezas alí gardadas para exposición e mostra. 

Todos os anos, a edición á que eu fun foi a terceira, celebran unha feira etnográfica na que, os máis van ataviados con roupas de comezos do século XX, e no que se expoñen produtos do País, ao tempo que se desenvolven moitas actividades vencelladas co noso patrimonio. 

Xogos tradicionais, música e baile galegos, obradoiros e artesáns do máis variado... Unha feira, pouco coñecida e digna de ser visitada. 

Máis información sobre o museo da Capela na seguinte ligazón: MUSEO DA CAPELA


















luns, 1 de xuño de 2015

Fotografando 14. En Sobradelo - Xunqueira de Ambía (II)

Máis fotografías deste fermoso lugar.












Fotografando 13. En Sobradelo - Xunqueira de Ambía (I)

Fermosa aldea en terras limiás na que o paso do tempo -como en centos de aldeas e lugares- e a desgraza da despoboación está a converter en ruínas a súa riqueza arquitectónica e patrimonial. Existe outro patrimonio, o que non se ve, o que non se apalpa, o inmaterial, que xa ha tempo que leva camiño da súa desaparición total.

ROCHI NÓVOA. POETA AMIGA. EMBAIXADORA DE SOBRADELO






A BANDEIRA, NA PARROQUIAL, LEVA O MESMO CAMIÑO QUE MOITAS DAS CASAS DE SOBRADELO






Desenhando. SummerCamp Miraflores

Por segundo ano as responsábeis deste colexio ourensán me encargaron o deseño dun cartaz publicitario e do díptico e máis elementos necesarios para dar cumprida publicidade a este campamento escolar.
Velaquí dúas mostras do traballo, o cartaz e mailo díptico.

CARTAZ

DÍPTICO EXTERIOR

DÍPTICO INTERIOR