xoves, 26 de febreiro de 2015

Fotografando 12. Martes de Entroido das Madamas e os Galáns en Cobres - Vilaboa

Pequena reportaxe deste curioso e fermoso entroido no Morrazo. Bailes das Madamas e os Galáns e as Corridas do galo, tanto no río como na vara forman parte da singularidade deste Martes de Entroido.























luns, 23 de febreiro de 2015

Desenhando. 24 de Febreiro, Día de Rosalía de Castro.

A miña homenaxe particular dende o facebook de OZOCOgz.








Desenhando. Cuarto minguante

Por encarga dos organizadores encargouseme o deseño do cartaz para publicitar a presentación pública da primeira novela de Bautista Álvarez, escritor, fundador da organización política Unión do Povo Galego.
"Cuarto minguante" é o título desta excelente novela da que traslado aquí o resumo que figura na web da editorial Xerais:

"Ismael, o coxiñoIsmael, o coxiño, o fillo da Rosaura da casa dos Boullosas, pasou aos catorce anos da escola de Andrade á de Santomé, onde aprendeu o manexo da tesoira e da agulla, habilidades propias do oficio de xastre. O enterro do seu avó, a quen lle preparou o primeiro traxe, foi o escaparate que lle permitiu comezar a contar con clientes na súa parroquia e despois tamén nas aldeas limítrofes. A cousa non empezaba mal. Porén, a división da herdanza familiar, obrigouno a coller outro camiño. O 5 de agosto de 1955, saíu do porto de Vigo a bordo do transatlántico Santa María rumbo ao porto da Guaira de Caracas. Iniciaba así Ismael o seu percorrido emigrante que o levaría despois a Brasil e Arxentina e, máis tarde, de regreso á outra beira do Atlántico, a aquela primeira Suíza dos galegos.Nunha prosa gozosa e vibrante, labrada cunha lingua de inequívoca estirpe popular, e cunha presenza constante dun humor sutilmente retranqueiro, Bautista Álvarez reconstrúe nesta súa novela alboral os vieiros da emigración galega da segunda metade do século XX, unha epopea colectiva merecente de ser rescatada do esquecemento".

Lectura recomendábel cen por cen.



Desenhando. Logotipo produtos do agro "Agra"


martes, 16 de decembro de 2014

Desenhando. Campaña de promoción de viños e licores en Londres e Galiza

Trípticos para difundir no Reino Unido e mais na Galiza promocionando viños e licores de diferentes adegas galegas e do norte de Portugal. A encarga foi feita pola empresa IZA comercial.

 Reino Unido:



Galiza:




mércores, 3 de decembro de 2014

Desenhando. Campaña de Nadal do Centro Comercial Aberto Couto de Ourense


Encargo de deseño para mupis e cartaces no que tiñan que figurar os logotipos das empresas participantes.

Imaxe para cartaz e mupi

Mupi (simulación)
Presentación oficial

domingo, 21 de setembro de 2014

Fotografando 11. Arredor do Psiquiátrico de Toén

Os arredores deste psiquiátrico abandonado son un lugar propicio para a fotografía, máis aínda se a visita a facedes nunha tarde outoniza e chuviosa coma no meu caso. O lugar impresiona pola súa grandiosidade, abandono e propósito para o que estaba destinado. Cantas historias non pasarían no interior dos muros de Toén...