martes, 16 de decembro de 2014

Desenhando. Campaña de promoción de viños e licores en Londres e Galiza

Trípticos para difundir no Reino Unido e mais na Galiza promocionando viños e licores de diferentes adegas galegas e do norte de Portugal. A encarga foi feita pola empresa IZA comercial.

 Reino Unido:



Galiza:




mércores, 3 de decembro de 2014

Desenhando. Campaña de Nadal do Centro Comercial Aberto Couto de Ourense


Encargo de deseño para mupis e cartaces no que tiñan que figurar os logotipos das empresas participantes.

Imaxe para cartaz e mupi

Mupi (simulación)
Presentación oficial

domingo, 21 de setembro de 2014

Fotografando 11. Arredor do Psiquiátrico de Toén

Os arredores deste psiquiátrico abandonado son un lugar propicio para a fotografía, máis aínda se a visita a facedes nunha tarde outoniza e chuviosa coma no meu caso. O lugar impresiona pola súa grandiosidade, abandono e propósito para o que estaba destinado. Cantas historias non pasarían no interior dos muros de Toén...












venres, 27 de xuño de 2014

Fotografando 10. Festa do Boi sen boi - Allariz

Percepcións ciscadas dun Allariz pletórico coa súa Festa do Boi. Moito pano vermello, moita camiseta, mais tamén costumes herdados e orgullo de pertencer a un lugar.


BANDEIRA GALEGA NO CASTELO. ORGULLO DE POBO

XAN D'ARZÚA PRESIDINDO DENDE O CONCELLO


ANTES DA PROCESIÓN. HORAS E HORAS DE TRABALLO

LUGAR PRIVILEXIADO, NIN ME PILLA O BOI NIN ME SALFIREN CO HISOPO

A PROCESIÓN. HAI COUSAS QUE NON MUDAN

A PROCESIÓN. MÚSICA "MAESTRO"

A PROCESIÓN. ALGÚN SEMELLA ALGO DESPISTADO
PASOU A PROCESIÓN. PARA ISTO TANTO TRABALLO?

A CAZADORA CAZADA

PRAZA DO CONCELLO. UNHA PRAZA PARA O POBO, EXEMPLOS A SEGUIR


BOMBEIROS DE PORTUGAL

ROI XORDO. DE TODA A VIDA, SI SEÑOR

DE FESTA EN FESTA

AGARDANDO POLO BOI SEN RISCOS

A TORRE PULA PARA ARRIBA COMA O CARBALLIZO BUSCANDO LUZ

É SACRIFICADA A VIDA NA FESTA

PODEDES PASAR!

REVIVIRÁ SE LLE DOU UN BICO?

INTIMIDADE. NON PASAR!

FIN DE FESTA

ONDE O DEIXEI?







mércores, 25 de xuño de 2014

Desenhando. Noite Tola. Fai Couting

Encargáronme o deseño de cartaces e "mupis" para o Centro Comercial aberto do Couto (Ourense). Aquí vedes o resultado e unha ficción de como debería ficar nos "mupis".
No "mupi" había que buscar algo que puidera unir os dous eventos, por iso empreguei media lúa en cada un dos cartaces que deu nunha lúa chea no "mupi".

MUPI

cartaz NOITE TOLA

cartaz FAI COUTING

Presentación da Campaña


xoves, 12 de xuño de 2014

Desenhando. Cartaz Teatro: Boas Noites

Esta encarga veu da Aula de Teatro de Pais e Nais do colexio Miraflores, do Pereiro de Aguiar en Ourense.
Esta compañía "amateur" está formada, como indica o seu nome, por familiares do alumnado do centro escolar e son eles mesmos quen actúan. Nesta ocasión a encarga era para a representación de "Boas Noites", coñecida e premiada obra teatral de escritora multifacética Paula Carballeira. 


Desenhando. Abrente enerxía

Un dos últimos encargos. Logotipo e tarxetas corporativas para ABRENTE ENERXÍA, S.L.



mércores, 4 de xuño de 2014

Fotografando 9. Castro das Lás, a Ciudá

Unha outra visión da Ciudá, chamado oficialmente Castro de Lás, este asentamento castrexo forma parte da miña vida dende a infancia. Ogallá o monstro construído ao seu pé e o xeito de administralo non roube as súas esencias.