Amosando publicacións coa etiqueta historia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta historia. Amosar todas as publicacións

venres, 5 de xuño de 2015

Fotografando 15. Na Capela, no III ETNOeume - Feira Etnográfica da Comarca do Eume

As fotos correspóndense co domingo 24 de agosto do pasado ano, no decorrer da 3ª edición do ETNOeume, a Feira Etnográfica da Comarca do Eume. 

Neste fermoso lugar da parroquia de Santiago da Capela, pertencente ao Concello da Capela, nunha contorna verdadeiramente privilexiada, atópase a súa Igrexa Parroquial e, ao seu carón, un museo etnográfico impresionante, tanto pola beleza exterior do conxunto como pola cantidade e calidade das pezas alí gardadas para exposición e mostra. 

Todos os anos, a edición á que eu fun foi a terceira, celebran unha feira etnográfica na que, os máis van ataviados con roupas de comezos do século XX, e no que se expoñen produtos do País, ao tempo que se desenvolven moitas actividades vencelladas co noso patrimonio. 

Xogos tradicionais, música e baile galegos, obradoiros e artesáns do máis variado... Unha feira, pouco coñecida e digna de ser visitada. 

Máis información sobre o museo da Capela na seguinte ligazón: MUSEO DA CAPELA


















mércores, 4 de marzo de 2015

Documentario. As silenciadas

As silenciadas é un documentario histórico que recupera historias de vida, inseridas no seu contexto, de numerosas mulleres que andaron na clandestinidade ou apoiaron desde a chaira o movemento guerrilleiro. Por defendelo, foron duramente represaliadas: morte, cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio… O seu papel foi fundamental na supervivencia deste movemento de resistencia e cómpre coñecelo.
Palmarés: 
- Premio Mestre Mateo 2012 ó mellor Documental
- Premio “Memoria i Justicia Universal” no Festival Internacional de Cine de Derechos Humanos de Santa Coloma de Gramenet (2011)
- Premio “Popular runner up” no Festival internacional online Humanity Explored 2013
- Finalista no Festival Primavera de Cine. Vigo 2012
- Finalista do Festival Internacional Memoria Rural 2011 (Santa Cruz de Moya, Cuenca)
- Seleccionado na Mostra Paralela do Festival Internacional de Cine Documental sobre Género (Soria 2012)
- Finalista no Festival Xociviga 2012, Carballiño.
- Selección oficial Mostra de Cine Xociviga 2011
- Selección oficial I Invernada de Cine de Xermade. 2013.
- Selección oficial 2ª Mostra Cine e Memoria. Gondomar. 2014

Duración: 66′
Investigación: Aurora Marco
Guión: Aurora Marco, Pablo Ces
Dirección e montaxe: Pablo Ces
Prod. executiva: Aurora Marco, Fran Naviera
Dir. de producción: Xosé Luis Ces,
Op. Cámara: Jose Luis S. Rodriguez, Jose Segura, Chis C. Laiño
Dir. Musical: Pilo Sierra
Música: Pilo Sierra, Kilo Reimúndez, Xacobe Lamas
Prod. Musical: Kiko Reimúndez, Paz&Records
Sonido: Manuel Rega
Aux. dirección: Dolores A. Rodríguez
Subtítulos: Mariló Arias
Grafismo: José Brey Blanco

domingo, 21 de setembro de 2014

Fotografando 11. Arredor do Psiquiátrico de Toén

Os arredores deste psiquiátrico abandonado son un lugar propicio para a fotografía, máis aínda se a visita a facedes nunha tarde outoniza e chuviosa coma no meu caso. O lugar impresiona pola súa grandiosidade, abandono e propósito para o que estaba destinado. Cantas historias non pasarían no interior dos muros de Toén...












mércores, 4 de xuño de 2014

Fotografando 9. Castro das Lás, a Ciudá

Unha outra visión da Ciudá, chamado oficialmente Castro de Lás, este asentamento castrexo forma parte da miña vida dende a infancia. Ogallá o monstro construído ao seu pé e o xeito de administralo non roube as súas esencias.
















luns, 5 de maio de 2014

Desenhando. 50 anos do Casino do Carballiño

Para conmemorar os 50 anos do Casino do Carballiño, a directiva desta asociación cultural encargáronme a realización dun logotipo e lema que figurarán en todos os actos e documentación emitida polo Casino durante este ano 2014.
Ao tempo querían que o aniversario (medio século, que se di moi pronto) se puidese visualizar tanto no interior do propio centro cultural como no exterior, na fachada do edificio.

Fachada coas faixas/bandas colocadas

Para o interior deseñáronse uns displays que presidirán as actividades que se realicen e para o exterior unhas faixas ou bandas verticais cos logos e os lemas conmemorativos.
O que máis destaca á parte do propio logo é a cor corporativa do Casino xogando como se fose negativo e positivo.
Dentro doutros 50 anos haberá que facerlle o logo do 100 aniversario, non si?

Simulación dos displays conmemorativos