Amosando publicacións coa etiqueta ensino. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ensino. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de xuño de 2015

Desenhando. SummerCamp Miraflores

Por segundo ano as responsábeis deste colexio ourensán me encargaron o deseño dun cartaz publicitario e do díptico e máis elementos necesarios para dar cumprida publicidade a este campamento escolar.
Velaquí dúas mostras do traballo, o cartaz e mailo díptico.

CARTAZ

DÍPTICO EXTERIOR

DÍPTICO INTERIOR


sábado, 4 de abril de 2015

Desenhando. Un mosquito de nome Henri

Novamente tiven a honra de poder colaborar coa Aula de Teatro de Pais e Nais do colexio Miraflores, do Pereiro de Aguiar en Ourense, facendo o deseño do cartaz para a obra que representan. 

Nesta ocasión, esta compañía "amateur" formada por familiares do alumnado do centro escolar poñen en escena unha simpática obra teatral titulada "Un mosquito de nome Henri", do escritor Raúl Dans.

O texto da obra foi galardoado co X Premio Barriga Verde (modalidade infantil), e foi editado en coedición coa AGADIC. 

Esta é a sinopse da obra que figura no libro, que por certo, está publicado en Baía Edicións: 

Un mosquito de nome Henri é unha historia de superación e de aprendizaxe na que o mosquito Henri, en compaña da súa inseparable amiga Olivia, levantará o voo nunha aventura chea de piruetas e picados mortais rumbo ao seu destino: ser un heroe. Henri quere ser piloto de aviación, mais ten un pequeno problema: é miope. Un mosquito de nome Henri é unha historia de superación e de aprendizaxe na que o mosquito Henri, en compaña da súa inseparable amiga Olivia, levantará o voo nunha aventura chea de piruetas e picados mortais rumbo ao seu destino: ser un heroe. E para iso vaise ter que enfrontar á malvada avespa Roque. Unha libélula cantante de jazz, unha araña pianista, un moscón excampión dos pesos pesados… E moitos personaxes máis nunha historia para que os cativos leven os seus pais ao teatro e xuntos gocen cun relato de iniciación aos desafíos que a vida nos reserva a todos nós. Mesmo se es un mosquito.

venres, 27 de febreiro de 2015

Desenhando. Campaña polo galego no comercio ourensán

Esta campaña escolar dirixida ao comercio ourensán está promovida pola Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, a Cordinadora de EDNL Auria e a Coordinadora Galega de EDNL.
Consta de folletos explicativos e adhesivos cos que os rapaces obsequian aqueles establecementos que atenden aos seus clientes en galego.
A campaña está a ter unha moi boa aceptación por parte dos comerciantes.

adhesivo

frontal e traseira do folleto explicativo


xoves, 12 de xuño de 2014

Desenhando. Cartaz Teatro: Boas Noites

Esta encarga veu da Aula de Teatro de Pais e Nais do colexio Miraflores, do Pereiro de Aguiar en Ourense.
Esta compañía "amateur" está formada, como indica o seu nome, por familiares do alumnado do centro escolar e son eles mesmos quen actúan. Nesta ocasión a encarga era para a representación de "Boas Noites", coñecida e premiada obra teatral de escritora multifacética Paula Carballeira. 


sábado, 22 de febreiro de 2014

Desenhando. A importancia de aprender xogando

Este é un dos traballos dos que me sinto máis orgulloso. Ti reciclas, Ourense gaña é un xogo de mesa, ao máis puro estilo do tradicional Xogo do Ganso ou Xogo da Oca. Un xogo no que se vai avantando segundo o número do dado e a casiña onde se cae.
A particularidade maior deste xogo, ademais de estar baseado nas cores dos contedores urbanos de reciclaxe, é a de que o resto das súas casiñas están relacionadas ben por lugares importantes do Concello de Ourense, ben por persoeiros importantes da historia deste concello.
Acompañado dunha unidade didáctica na que se propoñían actividades relacionadas á súa vez coa reciclaxe e coa historia ourensá fixéronse, se non lembro mal, uns dous mil exemplares que foron repartidos entre os colexios da cidade.
Podedes ollar a unidade didáctica e mailas regras do xogo nestas ligazóns:
Regras do xogo