Amosando publicacións coa etiqueta animación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animación. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de febreiro de 2015

Cinema animación 6. Alma

Alma é unha curtametraxe de animación escrita e dirixida por Rodrigo Blaas no 2009.



Alma, unha una nena pequena, pasea polas rúas dun pequeno pobo cuberto de neve. De repente atopa unha pizarra co nome de moitos nenos. No escaparate dunha tenda fronte da pizarra, unha boneca igualiña a ela chama a súa atención. Sorprendidísima, Alma decide entrar na tenda. Toca a boneca e fica atrapada nela...

·         Premio á mellor curta animada no LA Shorts Fest.
·         Premio á mellor curtametraxe animada no Animacor (Festival Internacional de Animación en España).
·         Premio á mellor Ópera Prima no I Castelli Animati de Italia.



domingo, 2 de marzo de 2014

Cinema animación 5. LOGORAMA

Logorama é unha curta de animación francesa de 16 minutos, dirixida por François Alaux, Hervé de Crecy e Ludovic Houplain e producido por Autor de Minuit. O filme presenta diversas situacións ocurridas nun Los Ángeles cheo de más de 2.500 logos e mascotas de diversas compañías. A curtametraxe gañou o Premio Kodak no Festival de Cine de Cannes do 2009, e o Óscar á mellor curta animada nos Premios Óscar de 2009. 


Logorama amosa como os logotipos están inmersosno día a día. O equipo de H5 dixo "Logorama amósanos un mundo completamente comercial, construido con logos e marcas reais, que son destruidos por unha serie de desasatres naturais (incluindo un terremoto e un tsunami de petróleo). Os logotipos son usados para mostrar un universo alarmante (semellante ao que vivimos) con todos eses gráficos que nos acompañan nas nosas vidas. Este organizado universo é violentamente transformado, por un cataclismo fantástico e absurdo. Amosa a victoria do creativo sobre o racional, onde a natureza e a fantasía humana triunfan".


venres, 28 de febreiro de 2014

Cinema animación 4. O vendedor de fume

O Vendedor de fume foi galardoada co Goya á mellor curta de animación na súa edición do 2013.


Foi realizada por Jaime Maestro e os/as seus/súas estudiantes en Primerframe, unha escola de animación 3D de Valencia. Foi recoñecida por ser una mostra da comuñón entre técnica, narración e relevancia creativa conectada coa actualidade. 
Un ilusionista acabado de chegar a un pobo que semella ancorado en si mesmo gaña a adoración dos seus veciños e veciñas ao transformar calquera cousa co poder do seu envolvente fume máxico. Porén, detrás desas estelas de fume, segue a verdade e é así como O vendedor se converte nunha das alegorías mellor logradas sobre España e a súa crise. Esta obra, cuxo estilo remite ás curtas iniciais de Pixar, demostra o potencial que ten contar ben unha historia que, por sinxela, logra reflectir a realidade dun país que xa coñece as consecuencias do fume.

recomendábel ver a pantalla completa

sábado, 22 de febreiro de 2014

Cinema animación 4. De Profundis

Unha casa no medio do mar está ateigada de obxectos relacionados co mar e a navegación, e planos e deseños dun barco soñado por un pintor. A muller que o ama toca o violoncello na terraza fronte ao mar. A música convoca un fato de grandes cetáceos que se aproximan á casa. No entanto, o pintor vai de mariñeiro nun pesqueiro. Cando se desencadea unha treboada e unha onda xigantesca afunde a embarcación, a muller, na soidade da casa, intúe e presaxia a traxedia... Primeira longametraxe de animación dirixida por Miguelanxo Prado, primeira longa animada de Continental.

Palmarés:
Obtivo a máxima axuda do fondo europeo Eurimages para producción de obras audiovisuais. Candidata ao premio Goya da Academia Española como mellor filme de animación de 2006.
Nos premios Mestre Mateo 06 (entregados en maio de 2007) recibiu varios recoñecementos:
Miguelanxo Prado foi galardonado como mellor director (ex aequo con Carlos Iglesias por "Un franco, 14 pesetas"); Nani García e Xabier Ferreiro foron premiados polo mellor son; Nani García como autor da mellor banda sonora; o web www.deprofundislapelicula.com recibiu o premio á mellor produción interactiva.
A música e o seu compositor optaron aos Premios GoldSpirit (2008) nas categorías de mellor BSO española, mellor BSO de animación e mellor compositor español.


Ficha artística:
Dirección: Miguelanxo Prado  
Guionista: Miguelanxo Prado  
Música: Nani García  
Produción Executiva: Chelo Loureiro 
Produtora: Continental Producciones, S.L., Desembarco Producións, S.L., Estrella Galicia, Zeppelin Filmes 
Xénero: Natureza
Coprodución
Realizada a cor
Idioma V.O.: ningún


Ficha técnica:
Titulo orixinal: De Profundis
Tipo: Animación
Duración: 80'
Orixe: Galiza
Ano: 2006
Idioma subtitulada: ningún
Idioma dobrado: ningún



Cinema animación 3. Swing of Change

Swing of change é unha magnífica curta de animación que trata de ser unha alegación contra o racismo. O protagonista é un barbeiro segregacionista (no escaparate do seu negocio podemos ler «white only») cuxos prexuízos só o deixan escoitar músicas militares ata que aparece na súa vida unha trompeta máxica…
Aconsello que vexades este vídeo en HD a pantalla completa.

Dirixido por: Harmony Bouchard, Andy Le Cocq, Joakim Riedinger, Raphael Cenzi
Música de Denis Riedinger
Jean Christophe Mentzer (trompeta), Stephane Fougeroux (percusión), Renaud Bernad (trombón), Sébastien Lentz (trompa), Michael Cortone (tuba).
Gravación: Denis Riedinger, Studio Aquarium, Hoerdt, FR
Deseño de Son: Jose Vicente, Studio des Aviateurs, Montpellier, FR
Mesturas : Matthias Heimlicher, Keytastic! studios, Lommiswil, CH
Coreógrafo : Tony Style, Christiane Cilluffo-Marciano




Cinema animación 2. Á FRANCESA



Plano negro sobre o que aparecen unhas letras nas que podemos ler: Versalles, 1700.
Así dá comezo a curtametraxe de animación À la française (Á francesa), proxecto fin de curso 2012 de cinco estudantes, Julien Hazebroucq, Emmanuelle Leleu, Morrigane Boyer, Ren Hsien Hsu e William Lorton, da escola de animación de Supinfocom na súa filial de Arles. Cunha notábel traxectoria en festivais de medio mundo, dende o máis recente Festival de animación por ordenador de Siggraph (Los Ángeles) gañando o "Best in Show Award" en todas as categorías, até o Premio do Xuri Mozo no Festival de animación de Roanne (Francia)ou o “White Poplar Award and Best Directing Nominate Prices” no Aniwow (International Student Animation Festival) na China (Beijing), entre outros.
Podes obter máis información aquí: Á francesa


Cinema animación 1. ABITA

Fermoso... Pode ser fermoso algo tan horríbel?