- Ola,
desculpa, para aquí o trece?
A beleza
da moza deixoume medio atordoado.
-
eeeeeh.... si, si claro. O trece, si...
-
Grazas!!!
Ao cabo
duns minutiños chega o autobús. A moza sobe a escadiña e tras dela subo eu tamén.
Sento ao
seu carón. Presentámonos. Estuda filosofía, eu filoloxía inglesa.
Pasamos a
noite xuntos... e as vacacións...
Unha vez
rematados os estudos atopamos os dous axiña traballo. Ela de profesora, eu
nunha editorial. Viñemos para Pontevedra, a cidade na que sempre soñara vivir.
- Ei!!! Rapaz!!!
Acordo
pasmado de todo. É o condutor do autobús falándome a través da porta aberta.
- Que? Se
non pensas subir deixa logo que o fagan os que están detrás túa.
- Ehhhh! Si, claro que si, perdoa... Si, xa subo...
O autobús
vai case cheo, non teño onde sentar. As caras de sempre neste número nove que
me há levar á miña casa.
No número
trece subira aquela moza. Mágoa que non fose o meu número. (*)
* Este microrrelato presenteino á segunda edición do concurso organizado pola librería Aira das Letras de Allariz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario