venres, 27 de febreiro de 2015

Desenhando. Campaña polo galego no comercio ourensán

Esta campaña escolar dirixida ao comercio ourensán está promovida pola Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, a Cordinadora de EDNL Auria e a Coordinadora Galega de EDNL.
Consta de folletos explicativos e adhesivos cos que os rapaces obsequian aqueles establecementos que atenden aos seus clientes en galego.
A campaña está a ter unha moi boa aceptación por parte dos comerciantes.

adhesivo

frontal e traseira do folleto explicativo


Cinema animación 6. Alma

Alma é unha curtametraxe de animación escrita e dirixida por Rodrigo Blaas no 2009.



Alma, unha una nena pequena, pasea polas rúas dun pequeno pobo cuberto de neve. De repente atopa unha pizarra co nome de moitos nenos. No escaparate dunha tenda fronte da pizarra, unha boneca igualiña a ela chama a súa atención. Sorprendidísima, Alma decide entrar na tenda. Toca a boneca e fica atrapada nela...

·         Premio á mellor curta animada no LA Shorts Fest.
·         Premio á mellor curtametraxe animada no Animacor (Festival Internacional de Animación en España).
·         Premio á mellor Ópera Prima no I Castelli Animati de Italia.



xoves, 26 de febreiro de 2015

Fotografando 12. Martes de Entroido das Madamas e os Galáns en Cobres - Vilaboa

Pequena reportaxe deste curioso e fermoso entroido no Morrazo. Bailes das Madamas e os Galáns e as Corridas do galo, tanto no río como na vara forman parte da singularidade deste Martes de Entroido.























luns, 23 de febreiro de 2015

Desenhando. 24 de Febreiro, Día de Rosalía de Castro.

A miña homenaxe particular dende o facebook de OZOCOgz.








Desenhando. Cuarto minguante

Por encarga dos organizadores encargouseme o deseño do cartaz para publicitar a presentación pública da primeira novela de Bautista Álvarez, escritor, fundador da organización política Unión do Povo Galego.
"Cuarto minguante" é o título desta excelente novela da que traslado aquí o resumo que figura na web da editorial Xerais:

"Ismael, o coxiñoIsmael, o coxiño, o fillo da Rosaura da casa dos Boullosas, pasou aos catorce anos da escola de Andrade á de Santomé, onde aprendeu o manexo da tesoira e da agulla, habilidades propias do oficio de xastre. O enterro do seu avó, a quen lle preparou o primeiro traxe, foi o escaparate que lle permitiu comezar a contar con clientes na súa parroquia e despois tamén nas aldeas limítrofes. A cousa non empezaba mal. Porén, a división da herdanza familiar, obrigouno a coller outro camiño. O 5 de agosto de 1955, saíu do porto de Vigo a bordo do transatlántico Santa María rumbo ao porto da Guaira de Caracas. Iniciaba así Ismael o seu percorrido emigrante que o levaría despois a Brasil e Arxentina e, máis tarde, de regreso á outra beira do Atlántico, a aquela primeira Suíza dos galegos.Nunha prosa gozosa e vibrante, labrada cunha lingua de inequívoca estirpe popular, e cunha presenza constante dun humor sutilmente retranqueiro, Bautista Álvarez reconstrúe nesta súa novela alboral os vieiros da emigración galega da segunda metade do século XX, unha epopea colectiva merecente de ser rescatada do esquecemento".

Lectura recomendábel cen por cen.



Desenhando. Logotipo produtos do agro "Agra"