sábado, 8 de marzo de 2014
xoves, 6 de marzo de 2014
Desenhando. O estudantado sae á rúa. ERGA no movemento estudantil galego
O estudantado sae á rúa.
ERGA no movemento estudantil galego
Acaba de saír do prelo este novo libro da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, cuxa maquetación fixen eu. É un libro moi recomendábel, ven acompañado dun DVD cunha longametraxe documental dirixida por Alberte Mera García e no seu interior achamos unha gran riqueza en forma de fotografías, autocolantes e outros documentos da época que reflicte a publicación.
Á venda nas mellores librarías do País, o seu prezo (19,90 €), non debería ser un atranco para a súa adquisición.
martes, 4 de marzo de 2014
18 de novembro
18 de novembro ao abrente, orballa, vai frío, a neboeira
pecha impide ver máis alá de dous ou tres metros arredor. Mentres camiño entre
a herba alta dun lameiro óese o ladrar de cans ao lonxe. Apalpo o peto sentindo
a través do pantalón mollado a friaxe metálica da pistola.
É 1936... quixera non ter nacido.
Fotografando 5 - Amsterdam (2)
Máis fotografías da miña viaxe no 2011 por Bruxelas, Amsterdam, Bruxas...
As fotos foron tiradas cunha cámara pequena dixital, unha PENTAX Optio M60 e vounas tratando algo para darlle o resultado que a min me gusta. Sei que hai puristas que consideran aberración modificar as fotografías, que o resultado debería ser o que se obtén directamente da cámara sen retoques, porén para gustos cores, non si?
domingo, 2 de marzo de 2014
Cinema animación 5. LOGORAMA
Logorama é unha curta de animación francesa de 16 minutos, dirixida por François Alaux, Hervé de Crecy e Ludovic Houplain e producido por Autor de Minuit. O filme presenta diversas situacións ocurridas nun Los Ángeles cheo de más de 2.500 logos e mascotas de diversas compañías. A curtametraxe gañou o Premio Kodak no Festival de Cine de Cannes do 2009, e o Óscar á mellor curta animada nos Premios Óscar de 2009.
Logorama amosa como os logotipos están inmersosno día a día. O equipo de H5 dixo "Logorama amósanos un mundo completamente comercial, construido con logos e marcas reais, que son destruidos por unha serie de desasatres naturais (incluindo un terremoto e un tsunami de petróleo). Os logotipos son usados para mostrar un universo alarmante (semellante ao que vivimos) con todos eses gráficos que nos acompañan nas nosas vidas. Este organizado universo é violentamente transformado, por un cataclismo fantástico e absurdo. Amosa a victoria do creativo sobre o racional, onde a natureza e a fantasía humana triunfan".
sábado, 1 de marzo de 2014
Carnaval en Valfloriana, caras de madeira
Traio ao blogue este entroido italiano para incidir nos rasgos comúns que os carnavais rurais europeos teñen entre si. O tipo de disfrace, os rituais semellan seren paralelos entre lugares moi distantes.
A reportaxe foi feita por Andrea Zuin e del son textos e fotografías. Os vídeos saqueinos de distintas fontes da Internet.
CARNAVAL EN VALFLORIANA, CARAS DE MADEIRA
A reportaxe foi feita por Andrea Zuin e del son textos e fotografías. Os vídeos saqueinos de distintas fontes da Internet.
CARNAVAL EN VALFLORIANA, CARAS DE MADEIRA
Son as dez da mañá cando a Valfloriana esperta coas campás. Non é un
sinal relixioso, ningún cura se está a preparar para unha cerimonia; é o matòcio, que, dende o cume do outeiro, axita a súa campá
apoiada na pelve, e avisa aos paises no val da súa chegada inminente e que se
prepara para a súa misión. O carnaval da Valfloriana pode comezar.
O camiño até chegar aquí foi
longo e pesado, porén a paisaxe que se presentaba dende as ventaíñas da miña
casa con rodas afastaba todas as miñas preocupacións e enchíame de fortes emocións. Neste momento
estou en Sicina, o pobo máis alto da Valfloriana, onde debería atoparme no "Agritur Flor do Bosque" con
Graziano Lozzer, o intendente do val. Á miña chegada o bruar do motor chama a
atención de Vasile, un romanés que traballa na queixaría do agroturismo. "Está Graziano?", "non, volta esta noite". Vou
pasear, case cae a noite, o aire é moi frío e os seus arredores son desertos
brancos; respírase unha paz irreal. Chamame Vasile e convídame a pasar,
pregúntame se gusto da ricota e agasállame cunha acabada de
facer por el.
Graziano Lozzer é un dos
principais protagonistas deste entroido. Os seus avós presentábano, logo o
fenómeno comezou a decaer e case desaparece na década dos 80. Só agora, grazas
ao traballo de toda a comunidade de Valfloriana, se converteu nun dos carnavais
tradicionais máis famosos de Italia.
O carnaval desenvólvese
arredor da historia dun desfile nupcial, no cal o ritual se repite en case
todos os pobos do concello; dende o máis alto, Sicina, até Cassata do
Val, e interprétase a traveso de
cinco personaxes chave: en primeiro lugar os matòcio barbi, caracterizados por típicas máscaras de madeira, voz falsa e actitude irreverente.
Teñen a tarefa de conseguir o paso dos habitantes da comunidade, que son
parados ás portas de cada pobo desafiándoos con duelos verbais. Despois veñen os arlequini (arlequíns), elegantes, silandeiros, que bailan acompañados polos sonadori (músicos) que tocan o acordeón, que acompañan coa
típica marcha de carnaval (marceta del carnevale)
á parella de noivos (el vestido de noiva, ela -a bela- de noivo); ao final
chegan os paiaci, os pallasos, burlóns e maleducados, que interpretan
pantomimas sarcásticas inspiradas nos acontecementos máis importantes do pobo
durante o ano anterior. Cada etapa péchase co ofrecemento dun banquete
exquisito ás máscaras e ao público. Considerando que as etapas son 10 ou máis
nun camiño de seis quilómetros, chégase ao solpor coa barriga chea... mais con
pouco sentido de culpa.
Ao parecer a abundante neve da
última tempada orixinou varios problemas de xestión á administración pública,
sobre a que os pallasos teñen moito a dicir. Entre eles hai un pallaso cun
garrafón e un gran cartaz atado ás costas que anuncia o peche por creba da
empresa vinícola: en realidade é unha auto ironía do home agochado detrás da
máscara, que prometeu deixar de beber.
Graziano interpreta con habilidade un dos principais matòci do carnaval de Valfloriana. Axitando a súa campá (bronzin), corre -acompañado polo seu fillo Emil, futuro matòcio – cara o seguinte pobo e enfronta, no dialecto da zona, o desafío verbal cos habitantes do seguinte, que o están agardando e pídenlle a documentación para pasar.
Graziano interpreta con habilidade un dos principais matòci do carnaval de Valfloriana. Axitando a súa campá (bronzin), corre -acompañado polo seu fillo Emil, futuro matòcio – cara o seguinte pobo e enfronta, no dialecto da zona, o desafío verbal cos habitantes do seguinte, que o están agardando e pídenlle a documentación para pasar.
Cóntame que o matòcio non podía ser recoñecido, por isto leva unha máscara
e nunca a quita, falando todo o tempo falseando a voz. Antano, os pobos da Valfloriana durante todo o período do
carnaval, organizaban cortexos "contra" dos seus veciños e os matòci provocaban aos habitantes cos contrest (os duelos verbais), tratando de agochar a súa
propia identidade. Ao día seguinte o pobo, vítima das burlas do matòcio podía "vingarse" organizando o mesmo
ritual. Estes desafíos pagábanse con cartos e as mulleres non podían
participar.
Hoxe en día os matòci seguen
empregando a tradición da máscara e a voz, porén todos os habitantes do lugar
coñécenos. Proben a imaxinar as pantomimas que se crean cando todos saben que
detrás daquela máscara se agocha a cara do intendente... por sorte Graziano en
Valfloriana é moi querido polos seus cidadáns, polo seu traballo e o seu
entusiasmo. A súa retranca acéptase entón con ironía e espontaneidade.
Os matòci son moitos e cada un deles sabe que en cada etapa terá que enfrontar un
desafío preparado con moito coidado. En Montalbiano, por exemplo, preparáronse dúas toradas apoiadas no
camiño; pediráselle a un matòcio que fora leñador de demostrar
se aínda é quen de exercer ese traballo.
Cando as probas se superan e
os matòci logran demostrar as súas habelencias, pódense abrir
as reixas e acoller o cortexo nupcial que chega bailando.
É posíbel entender o senso
deste ritual só grazas ás explicacións dos habitantes do pobo. Ivano, por
exemplo, un veterano do entroido, acompáñame nalgunha etapa antes de que o matòcio chegue e, entre os habitantes do pobo que preparan
os banquetes e os obstáculos, descubro anécdotas curiosas sobre a vida cotiá da
Valfloriana e sobre a interpretación dos contrest.
Chegamos arredor das sete da tarde a Casatta, a derradeira etapa deste día tan particular. Estou moi canso e trato de imaxinar as condicións dos matòci, arlechini, paiaci, sposi e sonadori que durante todo o día alimentaron o significado deste carnaval tan característico. Os pallasos vestidos de obreiros públicos acompañan ao matòcio Graziano no seu difícil percorrido nunha zona chea de neve preparada a mantenta e os arlequíns fan o seu último baile coa aperta final dos noivos. Todos están moi cansos, Graziano ademais debeu deixar a voz dentro da máscara; mais todos parecen estar satisfeitos de cómo conseguiron manter do mellor xeito posíbel esta tradición que une toda a Valfloriana e aos seus habitantes co seu gran corazón.
Chegamos arredor das sete da tarde a Casatta, a derradeira etapa deste día tan particular. Estou moi canso e trato de imaxinar as condicións dos matòci, arlechini, paiaci, sposi e sonadori que durante todo o día alimentaron o significado deste carnaval tan característico. Os pallasos vestidos de obreiros públicos acompañan ao matòcio Graziano no seu difícil percorrido nunha zona chea de neve preparada a mantenta e os arlequíns fan o seu último baile coa aperta final dos noivos. Todos están moi cansos, Graziano ademais debeu deixar a voz dentro da máscara; mais todos parecen estar satisfeitos de cómo conseguiron manter do mellor xeito posíbel esta tradición que une toda a Valfloriana e aos seus habitantes co seu gran corazón.
Andrea Zuin
Agradecementos: o
intendente Graziano Lozzer e a súa muller Isa, Vasilio, Emil (o pequeno e
futuro matòcio), Agnese e o
equipo do Agritur Fior di Bosco, todos os habitantes de Valfloriana que me
recibiron, me axudaron e me contaron as súas historias.
http://www.ilcamminodellamusica.it
http://www.ilcamminodellamusica.it
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)