domingo, 27 de decembro de 2015

Fotografando 17. Cova do Lobo - Barbadás (Ourense)

Algunhas fotos tiradas o 25 de decembro, nun día grisallento e feo. Este é un deses lugares máxicos da provincia de Ourense que convén visitar algunha vez. É un dos moitísimos sitios con cultos precristiáns dos que o cristianismo tivo que crear a súa propia versión ao non poder evitar que as xentes seguisen acudindo a eles.
Quen teña interese pode atopar moita información en Internet. Basta con buscar San Benito da Cova do Lobo ou Penedo do Tangaraño.
















mércores, 16 de setembro de 2015

Fotografando 16. Nossa Senhora da Peneda - Parque Nacional Peneda - Gerês

O Santuario de Nossa Senhora da Peneda é un santuario localizado na freguesia de Gavieira, Arcos de Valdevez, Portugal, construído entre os finais do séc. XVIII e o terceiro cuarto do séc. XIX.

O santuário fica no Parque Nacional da Peneda-Gerês.

A igrexa foi terminada no 1875. Fronte da igrexa atópase o "escadório das virtudes", con estatuas representando a Fé, Esperanza, Caridade e Glória, datado de 1854, obra do mestre Francisco Luís Barreiros.

As fotos tomeinas no maio deste ano (2015).














venres, 5 de xuño de 2015

Fotografando 15. Na Capela, no III ETNOeume - Feira Etnográfica da Comarca do Eume

As fotos correspóndense co domingo 24 de agosto do pasado ano, no decorrer da 3ª edición do ETNOeume, a Feira Etnográfica da Comarca do Eume. 

Neste fermoso lugar da parroquia de Santiago da Capela, pertencente ao Concello da Capela, nunha contorna verdadeiramente privilexiada, atópase a súa Igrexa Parroquial e, ao seu carón, un museo etnográfico impresionante, tanto pola beleza exterior do conxunto como pola cantidade e calidade das pezas alí gardadas para exposición e mostra. 

Todos os anos, a edición á que eu fun foi a terceira, celebran unha feira etnográfica na que, os máis van ataviados con roupas de comezos do século XX, e no que se expoñen produtos do País, ao tempo que se desenvolven moitas actividades vencelladas co noso patrimonio. 

Xogos tradicionais, música e baile galegos, obradoiros e artesáns do máis variado... Unha feira, pouco coñecida e digna de ser visitada. 

Máis información sobre o museo da Capela na seguinte ligazón: MUSEO DA CAPELA