venres, 5 de xuño de 2015

Fotografando 15. Na Capela, no III ETNOeume - Feira Etnográfica da Comarca do Eume

As fotos correspóndense co domingo 24 de agosto do pasado ano, no decorrer da 3ª edición do ETNOeume, a Feira Etnográfica da Comarca do Eume. 

Neste fermoso lugar da parroquia de Santiago da Capela, pertencente ao Concello da Capela, nunha contorna verdadeiramente privilexiada, atópase a súa Igrexa Parroquial e, ao seu carón, un museo etnográfico impresionante, tanto pola beleza exterior do conxunto como pola cantidade e calidade das pezas alí gardadas para exposición e mostra. 

Todos os anos, a edición á que eu fun foi a terceira, celebran unha feira etnográfica na que, os máis van ataviados con roupas de comezos do século XX, e no que se expoñen produtos do País, ao tempo que se desenvolven moitas actividades vencelladas co noso patrimonio. 

Xogos tradicionais, música e baile galegos, obradoiros e artesáns do máis variado... Unha feira, pouco coñecida e digna de ser visitada. 

Máis información sobre o museo da Capela na seguinte ligazón: MUSEO DA CAPELA


















Ningún comentario:

Publicar un comentario