mércores, 16 de abril de 2014

Desenhando. Cartaz PARDEDOUS

Novo cartaz para o concerto de PARDEDOUS no Carballiño. Tratei de inspirarme en vellos anuncios de concertos de jazz norteamericanos.


xoves, 3 de abril de 2014

Desenhando. Galicia me mola

Este foi o último logotipo que deseñei. O encargo fíxoseme dende A Costa da Morte, tratábase de facer un logotipo e uns cartóns de presentación para unha pequena empresa que, basicamente, desenvolverá a súa actividade no eido dos "souvenirs" na zona da Costa da Morte.

Tratei de buscar elementos que aunasen tanto o mundo do mar, nomeadamente, a Costa da Morte simbolizado pola cor azul e unha onda que se encresta. Na cresta da onda un faro / facho alumeado polo sol galego. Unha onda verde que simboliza a Galiza interior complementa o imagotipo xunto a catro círculos como catro son as provincias.

As tipografías van dende unha máis clásica para "Galicia" en unha máis moderna  para a expresión coloquial "me mola".



xoves, 6 de marzo de 2014

Desenhando. O estudantado sae á rúa. ERGA no movemento estudantil galego

O estudantado sae á rúa.
ERGA no movemento estudantil galego

Acaba de saír do prelo este novo libro da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, cuxa maquetación fixen eu. É un libro moi recomendábel, ven acompañado dun DVD cunha longametraxe documental dirixida por Alberte Mera García e no seu interior achamos unha gran riqueza en forma de fotografías, autocolantes e outros documentos da época que reflicte a publicación.
Á venda nas mellores librarías do País, o seu prezo (19,90 €), non debería ser un atranco para a súa adquisición.



martes, 4 de marzo de 2014

18 de novembro

18 de novembro ao abrente, orballa, vai frío, a neboeira pecha impide ver máis alá de dous ou tres metros arredor. Mentres camiño entre a herba alta dun lameiro óese o ladrar de cans ao lonxe. Apalpo o peto sentindo a través do pantalón mollado a friaxe metálica da pistola.


É 1936... quixera non ter nacido.


Fotografando 5 - Amsterdam (2)

Máis fotografías da miña viaxe no 2011 por Bruxelas, Amsterdam, Bruxas...
As fotos foron tiradas cunha cámara pequena dixital, unha PENTAX Optio M60 e vounas tratando algo para darlle o resultado que a min me gusta. Sei que hai puristas que consideran aberración modificar as fotografías, que o resultado debería ser o que se obtén directamente da cámara sen retoques, porén para gustos cores, non si?