Estes cartaces, ou quizais mellor expresado este cartaz con tres versións foi feito para os recitais-concertos que estes mozos do Carballiño deron nos lugares e nas datas que figuran neles. Como os concertos practicamente eran iguais e o espaciamento no tempo mínimo xa non busquei facer cousas diferentes senón que, con pequenas variacións, acadar que se distinguisen ben uns dos outros. Por que non o mesmo cambiando só o texto? Moi sinxelo, porque nalgún lugar, como xa dixen pola proximidade no tempo, se puxeron todos os cartaces xuntos anunciando todos os concertos.
*****
Para quen non coñezades a PARDEDOUS, e en ocasións coma esta a PARDEDOUS + UN recoméndovos que busquedes algúns videos en Youtube, igual ficades sorprendidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario